A Xunta licita o peche lateral da pista polideportiva do Instituto de Porto do Son

03 Xaneiro 2026

A Xunta de Galicia vén de licitar o peche lateral da pista cuberta do Instituto de Porto do Son. Así, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destinará 280.000 euros a esta actuación que ten como obxectivo arranxar os muros derrubados polos temporais e protexer a pista da climatoloxía e da entrada de persoas alleas ás instalacións docentes.

Para dar resposta a estas necesidades, proxéctase un peche dunha altura de 3,75 metros, con paneis prefabricados de formigón, e desde os paneis ata a altura de cuberta con chapa ondulada microperforada de aluminio, que permita a iluminación, ventilación e a protección das choivas laterais. Tamén se instalarán os canlóns e as baixantes para a evacuación das augas pluviais e colocarase unha nova cuberta de panel sándwich nos vestiarios.

Ademais desta actuación e ao abeiro de axudas autonómicas, en Porto do Son acometéronse o cambio de cuberta do instituto da localidade (422.000 €), así como o do Colexio Santa Irene (260.000 €).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.