A xerente de Artesanía de Galicia visita en Boiro a tenda Stimmug Stories

02 Xaneiro 2026

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou este venres 2 de xaneiro, en Boiro, a tenda de decoración Stimmug Stories, un espazo no que se poden atopar pezas de Artesanía de Galicia grazas á colaboración coa Xunta.

Durante a visita, Fabeiro puxo en valor a continuidade da aposta do Goberno galego pola integración da artesanía noutros ámbitos como a decoración, a gastronomía ou o sector contract, en consonancia co proxecto Artesanía no Prato, recentemente recoñecido co Premio Promociona para Entidades Públicas 2025 nos Premios Nacionais de Artesanía.

A xerente subliñou que “a artesanía representa unha excelente alternativa tanto para a decoración de interiores como para a arquitectura ou a gastronomía, xa que achega singularidade e carácter propio aos espazos, ao tempo que os vincula coa produción local e cun modelo de consumo máis consciente”.

Na tenda Stimmug Stories pódense ver pezas de cerámica contemporánea como as de Ojea Studio (Vigo) ou Cerámica Raposiñas (A Pobra do Caramiñal), olería tradicional de Gundivós elaborada por Elías González (Sober), reproducións de cerámica castrexa da Fundación Terra Termarum Castrolandín (Cuntis), coitelos Celso Ferreiro (A Fonsagrada) e toallas elaboradas en tear manual de baixo lizo por Artefíos (A Coruña).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.