En Boiro, máis de 70 identificacións e varias sancións na campaña de control de mascotas

03 Decembro 2025

A Policía Local de Boiro levou a cabo nas últimas semanas unha campaña de especial vixilancia sobre a tenencia de mascotas que tivo como resultado 46 identificacións e ata 8 sancións.

O obxectivo desta campaña informativa e de vixilancia foi promover o uso obrigatorio de microchip, fomentar a recollida de excrementos en espazos públicos e asegurar que as mascotas paseen con correa. As sancións cometidas foron, principalmente, por este último suposto de non levar aos cans correctamente atados en zonas comúns.

O Concello de Boiro conta cun censo duns 2.500 cans polo que, insiste, “é necesario lograr un equilibrio para a convivencia e posto que, o non coidado dos animais e o abandono está a resultar un problema crecente para as administracións”.

Neste ano 2025 recolléronse un total de 40 cans, dos cales se deron en adopción posteriormente 28.

O mesmo sucede cos gatos posto que, debido á non identificación dos propietarios dos mesmos, foron recollidos 49 gatos dos cales se deron posteriormente en adopción 34. O Concello de Boiro destina unha media de 120.000 euros anuais para a xestión de animais.

Con esta campaña de concienciación o Concello de Boiro o que busca é “inculcar a importancia de coidar ás mascotas tal e como indica a normativa, correctamente identificadas e respectando as normas de convivencia veciñal”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.