Chega o gran Parque Infantil de Nadal da ABE

19 Decembro 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) inaugura este luns 22 de decembro o seu gran Parque Infantil de Nadal, o parque Boiro, o corazón do Nadal, que estará operativo nas datas 22 e 23 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, en horario de 16:30 a 20:30 horas, no Polideportivo da Cachada. Segundo informou a ABE, o parque está deseñado para ofrecer á veciñanza e aos visitantes “unha experiencia completa e máxica destas datas, combinando diversión, creatividade e gastronomía para toda a familia”.

Entre as actividades destacadas, atópanse as seguintes:

-Inchábeis e zona infantil con xogos para nenos e nenas.

-Música e photocall para fotos divertidas.

-Caixa de correos real con mesas para escribir e decorar cartas; todas as cartas participarán no sorteo de 3 festas de aniversario valoradas en 100 € cada unha.

-Obradoiros creativos e artísticos, impartidos por entidades locais como AGADEA, Cruz Vermella e Amicos.

-Degustacións de flocos de millo, chocolatada e doces.

-Recepción de Papá Noel ás crianzas de Boiro

O acceso ao parque e á maioría das actividades é libre e gratuíto. Só se require convite (que se recolle nos comercios asociados á ABE ou no punto de información) para participar nas degustacións e acceder aos inchábeis.

Ademais, no parque os visitantes poden cambiar os seus tíckets ou facturas de compra nos comercios asociados por rifas para o sorteo de 3.000 € en vales de compra e, de xeito inmediato, recibir agasallos directos como calendarios de parede e a bolsa oficial da campaña.

Actividades especiais por días:

· Luns 22 de decembro

16:30 h: Inauguración do parque.

17:00 – 18:00 h: Obradoiro interxeracional de decoración de Nadal (AGADEA) – acceso libre.

18:30 h: Chocolatada (con invitación dos comercios asociados).

Martes 23 de decembro

17:00 – 18:30 h: Obradoiro de creación de chapas de Nadal (Cruz Vermella)

17:30 – 20:30 h: Gran recepción de Papá Noel con agasallo de conos con lambonadas e sesión de fotos – acceso libre.

Venres 2 de xaneiro

17:00 – 18:30 h: Obradoiro infantil Decora unha bola para a túa árbore de Nadal (Amicos)

18:30 – 20:00 h: Obradoiro Expresarte, reutilizando materiais de refugallo para arte (Amicos)

Sábado 3 de xaneiro

Gran festa con DJ e animación.

21:00 h: Sorteo presencial de 3.000 € en vales de compra.

Apertura do Buzón Real e sorteo de 3 festas de aniversario (300 € en total).

A ABE lembra que no propio parque os clientes poden cambiar os tíckets ou facturas de compra por rifas para participar no sorteo presencial de 3.000€. Ademais, debido á alta demanda, a ABE habilitará un novo punto de troco nas súas oficinas os días 23, 26, 29 e 30, en horario de 11:30 a 13:30 h, para facilitar este trámite a todas as persoas clientes.

“Este evento pretende consolidarse como unha das citas máis importantes do Nadal en Boiro, promovendo o comercio local e a participación familiar nunha programación inclusiva, divertida e segura”, sinalaron dende ABE.

Máis información na web da asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.