Rianxo achega unha manchea de actividades participativas para celebrar o 25N

18 Novembro 2025

O 25N en Rianxo, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, vai ser unha xornada de sensibilización pola igualdade e de loita contra as agresións machistas, da man da Concellería de Igualdade. O propio martes 25N, durante toda a xornada haberá un Tendal da vergoña no Campo de Arriba de Rianxo no que calquera persoa pode pendurar as violencias que a diario sofren as mulleres só polo feito de selo.

Ás 18.00 horas do día 25, no Auditorio de Rianxo, proxectarase o documental O próximo baile será contigo, unha ollada en primeira persoa á forza do apoio mutuo entre as mulleres, á loita fronte á violencia institucional e á dor da ausencia. Ao remate da proxección haberá un coloquio coas protagonistas.

Ás 20.00 horas celebrarase a lectura do manifesto. Ademais, pandeireteiras rianxeiras cantarán xuntas Sen medo. Prevese que o acto se celebre no Campo de Arriba, mais en caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo.

Ademais, a Casa Consistorial iluminarase de violeta durante toda a xornada.

Do 24 ao 30 de novembro estarán expostas as pancartas de Irmandiñas Púrpuras no segundo andar do Auditorio de Rianxo.

Tamén están colgadas na balaustrada do Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema” as bufandas contra a violencia elaboradas por Ondiñas Mainas.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...