Porto do Son inviste máis de 42.000 euros nas obras de mellora do Centro de Saúde

22 Novembro 2025

O Centro de Saúde de Porto do Son xa loce cun novo aspecto tras as recentes obras de mellora acometidas, a través do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Porto do Son.

Esta nova obra, que da continuidade á reforma da cuberta do centro realizada o pasado ano, contou cun investimento de 42.894,50 euros, financiado ao 50% entre as dúas entidades, aportando cada entidade 21.447,25 euros.

As obras consistiron nunha limpeza e saneamento completo da cuberta, así como o lavado da parte traseira do tellado e reposición de tellas rotas. Tamén, na zona dianteira levantáronse as tellas para eliminar o musgo e herbas daniñas. Por último, realizouse unha limpeza xeral, unha substitución de pezas danadas e impermeabilizado das chemineas.

En canto ás fachadas realizouse unha limpeza e impermeabilización para mellorar a eficiencia enerxético así como tamén evitar filtracións de agua e humidade.

Tras o remate das obras, Luis Oujo agradeceu “a sempre disposición da Xunta de Galicia para chegar a este tipo de acordos que son fundamentais para a mellora das nosas infraestruturas” e engadiu que “esta actuación permitirá ofrecer un espazo máis axeitado para a prestación da asistencia á nosa veciñanza, así como tamén optimizar as condicións do centro, prolongar a durabilidade da infraestrutura e mellorar a súa eficiencia enerxética”, rematou Oujo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.