O Concello de Ribeira reúnese coas comisións de festas do municipio

22 Novembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes, mantiveron nesta semana unha xuntanza de traballo coas distintas comisións de festas que operan no municipio co obxectivo de coñecer a súa situación. Esta reunión serviu para que expuxesen conxuntamente as súas dúbidas e necesidades, ademais de coñecer como traballa cada unha das entidades: organización dos espazos destinados a postos e atraccións, posibilidades de financiamento, elaboración de plans de seguridade e seguimento dos mesmos.

Tamén se consensuaron os días nos que inicialmente desenvolveranse as celebracións para que, na medida do posíbel, no vindeiro ano non se
solapen con outras.

A preocupación xeral foi a relativa aos gastos comúns que se repiten nalgunha das comisións como, por exemplo, as taxas de ocupación.
A rexedora comprometeu a estudar “a viabilidade de incrementar nos vindeiros orzamentos a contía que concede a Administración local a cada comisión para axudar a sufragar parte dos gastos das festas, ademais analizar maior apoio loxístico”.

Outros artigos

O Concello de Noia amplía a rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Noia prosegue a súa actividade nas parroquias, mellorando servizos básicos, e os días pasados iniciou os traballos para ampliar a rede de saneamento en Sueiro, na parroquia de Argalo. A intervención achegará ás veciñas e veciños 100 metros de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.