O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresas renovan a súa colaboración

26 Novembro 2025

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o presidente da Asociación Boirense de Empresas (ABE), Daniel García Dosil, asinaron o convenio anual para levar a cabo actividades de promoción económica e comercial co que renovan a súa colaboración.

O Concello de Boiro destina 30.000 euros para o impulso da actividade comercial no municipio co desenvolvemento de actividades e campañas dende a Asociación Boirense de Empresas para favorecer o comercio local. Xunto co concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, analizaron tamén as principais liñas de traballo a desenvolver durante os vindeiros meses e a campaña de Nadal.

Ademais das campañas específicas que a ABE realiza ao longo do ano, conta con persoal administrativo e técnico dedicado ao asesoramento ao emprendemento e á actividade empresarial. Este convenio de colaboración forma parte das accións que o Concello de Boiro leva a cabo en materia de promoción económica, do empresariado e emprendemento para fomentar o emprego no municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.