O Concello de Boiro desenvolve unha nova edición do Proxecto EnClave de educación integral nos centros de ensino do municipio

11 Novembro 2025

O Concello de Boiro desenvolve no curso 2025/2026 unha nova edición do Proxecto EnClave, un programa de educación, igualdade e saúde que se desenvolve nos centros de ensino do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, presentaron este 11 de novembro as actividades do programa.

Explicaron que estamos ante un programa integral para traballar nos centros de ensino que conta con diferentes proxectos en función das necesidades que se observan nos centros educativos como o acoso escolar, a detección da dislexia e TDA/H, teatro escolar, screening visual…

“Cada ano o programa acolle modificacións para adaptarse ás necesidades detectadas e trasladadas polos centos educativos”, recoñeceu Carmen Silva.

O programa desenvólvese ao longo do curso escolar nos centros de primaria e secundaria co obxectivo de “prever e proporcionar ferramentas para solucionar posíbeis problemáticas e conflitos”.

Trátase dun proxecto pioneiro que traballa en colaboración de expertos e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela.

Romero e Silva engadiron que “un ano máis a saúde mental é o que centra este proxecto con sesións nos centros de primaria e secundaria”.

Mediante este programa traballase co alumnado de primaria coa finalidade de ofrecer atención psicolóxica directa ao alumnado procedente de familias vulnerables ou con necesidades psicosociais específicas que interfiran no ámbito educativo e familiar.

Nos centos de secundaria vanse desenvolver sesións terapéuticas individuais cunha psicóloga con formación na nenez e na adolescencia así como de traballo en rede.

Outro dos programas que se leva a cabo é o de detección temperá de dislexia e TDA/H, que se leva a cabo mediante a Facultade de Psicoloxía da USC e que ten como obxectivo principal a detección temperá dos signos e síntomas iniciais co fin de minimizar o seu impacto no desenvolvemento e rendemento do alumnado.

Tamén se desenvolve no marco do EnClave un programa de Prevención do acoso escolar, unha proposta que ten como finalidade previr o acoso escolar e mellorar a convivencia nos centros educativos; promovendo unha conciencia positiva, o respecto mutuo e a adquisición de ferramentas que permitan ao alumnado xestionar de forma adecuada os conflitos cotiás.

Repítese un curso máis o programa de Screening visual para a detección temperá de posíbeis problemas visuais no alumnado mediante a realización dun screeening non invasivo. O obxectivo deste programa é identificar anomalías que poidan dificultar o proceso de aprendizaxe. Un programa realizado pola facultade de Óptica e Optometría da USC.

Por último, desenvólvese tamén no marco do Proxecto EnClave un Obradoiro de Emocións, unha proposta educativa centrada na educación emocional a través do teatro e o xogo dramático co obxectivo de dotar ao alumnado de ferramentas para identificar, expresar e xestionar as emocións propias e alleas, favorecendo o desenvolvemento persoal, a convivencia e o benestar.

O Proxecto EnClave é un programa pioneiro e innovador que naceu no ano 2021 para educar, previsto o acoso escolar e promover o benestar emocional e a saúde mental do alumnado da localidade. “Este programa púxose en marcha a raíz da pandemia e das necesidades detectadas no alumnado e continua cada curso escolar. Un programa do que estamos especialmente orgullosos porque traballa directamente no ámbito educativo atallando problemas que se detectan neste entorno nos nosos rapaces e rapazas”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.