O Centro de Día do Son achegou recursos para facilitar o labor das persoas coidadoras

17 Novembro 2025

O pasado 7 de novembro o Centro de Día de Porto do Son organizou a charla-coloquio Coidando ao/á coidador/a, unha iniciativa dirixida ás familias das persoas usuarias do centro.

O obxectivo foi ofrecer un espazo de encontro, reflexión e apoio mutuo, recoñecendo o importante labor que desempeñan as persoas coidadoras e promovendo o seu benestar emocional

Durante a sesión abordouse a importancia de aprender a coidar sen descoidarse, a xestión das emocións e o estrés, e a necesidade de establecer redes de apoio entre familias que viven situacións similares. A actividade pretende ademais servir como punto de partida para a creación dun grupo de apoio estable, no que as persoas coidadoras poidan compartir experiencias, sentimentos e estratexias que lles axuden no seu día a día.

Organizaron o Centro de Día, o Concello de Porto do Son e a confederación galega COGAMI. Participaron arredor de 15 persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.