Comezan as obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta

19 Novembro 2025

O Concello de Boiro está a levar a cabo obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta, en Macenda. O alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luís Ruiz, visitaron este 19 de novembro o lugar para coñecer o inicio das obras.

As actuacións que se están a levar a cabo son dun importe de 91.040,62 euros, están financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), e constan da regularización a sección libre dun camiño entre os 4,50 e 5,00 metros de sección na vía con faixas laterais que completan o camiño entre 60 e 75 cm, suficientes para executar tamén a rede de pluviais.

Estas obras teñen como finalidade a rehabilitación superficial mediante a aplicación dunha nova capa de rodaxe asfáltica para conservar e mellorar as características funcionais de seguridade así como a protección o conxunto do firme.

“Vaise incorporar unha rede de recollida de pluviais que evite a maioría das escorrentías de augas de choiva que produce o camiño e deixando tamén instalado un tramo da rede de saneamento para posibles futuras conexións”, afirmou o concelleiro, Luis Ruiz.

A maiores o Concello de Boiro, a través de fondos propios actuou en dous puntos máis do núcleo de Macenda para a mellora de accesibilidade coa dotación de tramos de beirarrúas. “Mediante estas pequenas obras no rural contribuímos á vertebración do territorio e á mellora dos servizos nos distintos núcleos de poboación dando facilidades aos veciños e veciñas dos mesmos”, recoñeceu o alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.