As historias do Furancho “O Pulcro” estréanse este sábado en Porto do Son

19 Novembro 2025

Esta fin de semana proseguen as funcións da II edición da Mostra de Teatro de Porto do Son, organizada pola Concellería de Cultura.

A axenda terá continuidade este sábado 22 con Furancho “O Pulcro”, un tira de catro sketches interpretados polo alumnado de Mimarte de Porto do Son. A cita dará comezo ás 21.00 horas, e terá entrada de balde. Representarase na Casa da Cultura de Porto do Son. A obra está protagonizada por Magda Pérez, Elvira Romero, Heitor Lage, Lucía Olveira, Mónica Blanco, Paula Vilariño e Alba Peiteado. Trátase dun espectáculo escrito e dirixido por Tania Fuegho.

Axenda ao completo.

A axenda da II Mostra de Teatro comezou o 18 de outubro con Vicio houbo sempre, unha peza de narración oral protagonizada por Atenea García, que recolle historias reais de mulleres maiores de 80 anos sobre o desexo, o pracer e a vida.

O 25 de outubro foi a quenda de Golpes, da compañía aAntena, centrada na historia de Pamela e a aprendizaxe dunha relación que non debía vivir. O 1 de novembro, Gallaecia Eventos presentou Cabaré Climático, e o 8 de novembro, foi a quenda de Máis saaabor!

O 15 de novembro, Talía Teatro representou Un deus salvaxe.

Este 22 de novembro, como dixemos, o grupo local Mimarte presentará Nais en apuros.

A clausura será o 29 de novembro coa comedia D.E.P, de Malasombra.

As obras Vicio houbo sempre, Golpes e Nais en apuros son de entrada libre, mentres que as restantes terán un prezo de 4 euros. As entradas están dispoñíbeis dende o 14 de outubro na Oficina de Cultura (de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas) ou o mesmo día da función, só con pagamento mediante tarxeta bancaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.