Ana Laiño, gañadora do sorteo especial do Magosto de Boiro (ABE) por unha compra no Café Bar Castelao

18 Novembro 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) vén de dar a coñecer a gañadora do sorteo organizado con motivo da campaña especial do Magosto de Boiro 2025, que se desenvolveu durante a fin de semana do 15 e 16 de novembro.

A premiada foi Ana Laiño, quen participou cun tícket correspondente a unha compra realizada no Café Bar Castelao. Como gañadora, recibirá un lote especial de produtos do Magosto, composto por viño, castañas, licor café e outros artigos típicos proporcionados pola Praza de Abastos de Boiro.

A campaña, impulsada pola Asociación Boirense de Empresas en colaboración co Magosto promovido pola Cruz Vermella de Boiro e o Concello, buscaba “dinamizar as compras locais coincidindo cunha xornada festiva que encheu as rúas de actividade”.

Durante a fin de semana rexistráronse un total de 363 tíckets de compra, unha cifra que amosa a boa acollida da proposta e o compromiso da veciñanza co comercio de proximidade. Ademais, a coincidente vixencia dos Bonos MercaNaVila supuxo un incentivo adicional para acudir aos máis de 200 establecementos asociados á ABE.

Dende a Asociación Boirense de Empresas agradeceron “a participación de todas as persoas consumidoras e a implicación dos negocios asociados, que continúan a fortalecer o tecido comercial da vila”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.