O persoal do Concello de Muros inicia o vindeiro 30 de outubro mobilizacións para esixir o fin da discriminación salarial

24 Outubro 2025

O persoal laboral do Concello de Muros comezará unha campaña de mobilizacións para denunciar, nas súas palabras, “a discriminación salarial que padece desde hai anos”. Segundo informou Comisións Obreiras (CCOO), a primeira acción será unha concentración diante da Casa Consistorial o vindeiro xoves, 30 de outubro, coincidindo coa sesión plenaria da Corporación. Indica o sindicato que “tras oito anos de promesas incumpridas por tres gobernos municipais de distinta cor política, o persoal decidiu emprender estas medidas de presión”. As concentracións repetiranse os últimos xoves de cada mes, coincidindo cos respectivos plenos.

O conflito, indica Comisións Obreiras, “ten a súa orixe na desigualdade retributiva entre traballadores e traballadoras do Concello e na incapacidade dos sucesivos gobernos locais para aprobar unha relación de postos de traballo (RPT) que estableza valoracións xustas e coherentes”.

Engaden que a día de hoxe “21 postos de distintos grupos profesionais —aproximadamente un terzo do persoal laboral— non perciben os complementos de destino e específico que recibe o resto” e que ademais “hai 15 traballadores e traballadoras que teñen salarios tan baixos que o Concello debe aplicar un complemento SMI para que cheguen ao salario mínimo interprofesional fixado pola lei”.

O comité de empresa, presidido por CCOO, reclama dos grupos políticos municipais que elaboren e aproben uns orzamentos que inclúan as partidas necesarias para elaborar unha RPT “que poña fin a unha inxustiza coñecida e prolongada no tempo”.

Ademais das mobilizacións, o comité de empresa denunciará a situación ante a Inspección de Traballo e non descarta emprender accións xudiciais, conclúe Comisións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.