O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado da concelleira de Persoal, Magdlalena Pérez, achegáronse a pasada fin de semana ata a casa de dona Carmen, veciña da parroquia de San Pedro, para celebrar o seu 100 aniversario.
O emotivo encontro tivo lugar en compañía da súa familia que acompañaron a Carmen nesta data tan especial.
Desde o Concello de Porto do Son quixeron trasladar persoalmente os parabéns, así como facer entrega dun fermoso agasallo floral.





