Este venres remata o prazo de inscrición para o obradoiro de alimentación saudábel de Porto do Son

10 Outubro 2025

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza este mes de outubro un obradoiro gratuíto sobre alimentación saudábel, dirixido a fomentar os hábitos nutricionais beneficiosos entre a cidadanía e a fomentar a súa calidade de vida. Será o vindeiro 16 de outubro. A formación desenvolverase no local da Asociación de Xubilados de Porto do Son, en horario de 10:30 a 13:00 horas. Cómpre reservar praza (até este venres 10 de outubro incluído) a través do correo electrónico: maria.santos.lemina@portodoson.gal. As inscricións tamén se poden facer online. As prazas son limitadas.

Os contidos xerais do curso tratarán a tipoloxía de alimentos (pirámide alimentaria) e tamén o papel dos hábitos alimentarios no crecemento e desenvolvemento, na saúde e na prevención da enfermidade. Tamén se tratarán recomendacións para unha alimentación saudable e unha formación para aprender a ler as etiquetas de nutrición.

Este obradoiro ten o obxectivo de que as persoas asistentes adquiran beneficios dunha boa alimentación, así como que poidan adquirir coñecementos sobre alimentación que se poidan implementar na vida diaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.