AGADEA presenta en Rianxo a súa guía de apoio para persoas coidadoras

24 Outubro 2025

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Política Social, Ana Vidal, participaron este 24 de outubro na presentación da Guía de apoio ás persoas coidadoras elaborada pola organización AGADEA persoa persoas con alzhéimer, unha ferramenta de gran utilidade para as persoas coidadoras de outras con algún tipo de deterioro cognitivo.

O alcalde e a concelleira lembraron que en Rianxo está en funcionamento un centro terapéutico para a atención de persoas maiores con deterioro congnitivo, así como diferentes grupos de envellecemento activo nas parroquias. “Estes recursos teñen como finalidade principal frear o desenvolvemento de posibles enfermidades neurodexenerativas e, de ser o caso, detectalas o antes posíbel”, sinalaron.

A guía, elaborada por un equipo interdisciplinar de AGADEA, recolle recomendacións prácticas, estratexias de autocoidado, claves para a comunicación e o manexo de situacións complexas derivadas das demencias, así como recursos e dereitos que as persoas coidadoras deben coñecer.

Desde AGADEA destacouse a importancia de continuar fortalecendo os vínculos co persoal sanitario da comarca do Barbanza, favorecendo a coordinación e a sensibilización arredor das demencias e do apoio necesario ás persoas que coidan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.