MiMarte imparte clases de ballet para a rapazada e para maiores en Porto do Son

29 Setembro 2025

Con inicio do novo curso, a Escola de Danza de Porto do Son acollerá clases de ballet (nivel iniciación e ballet fitness) para a rapazada (maiores de catro anos) e para maiores. Serán impartidas polo grupo de arte e creatividade Mimarte, todos os luns. Haberá clases de ballet fitness (pilates en barra) para adultos en horario por determinar co grupo e de ballet nivel iniciación (a partir de catro anos) ás 16.30 horas. As persoas interesadas en participarán deben inscribirse no teléfono 672 661 789. Máis información na web municipal.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.