Luns 15, ceos cubertos de mañá e máis despexados pola tarde

14 Setembro 2025

Este luns teremos unha xornada de transición marcada pola chegada dunha fronte pouco activa durante as primeiras horas do día, que deixará os ceos cubertos e mesmo algunha chuvia illada.

Co avance da mañá, os claros irán gañando terreo, e xa pola tarde os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados, aínda que con intervalos de nubes baixas no terzo norte.

As temperaturas experimentarán un lixeiro a moderado descenso, especialmente nos valores mínimos, mentres que o vento soprará frouxo do norte-noroeste, con intervalos de moderado nas Rías Baixas. As temperaturas m´xaimas cehgarán os 25 graos nas rias e 22 no interior.
A partir do martes regresa o tempo estable con suba das temperaturas.

meteogalicia

O noso mar; vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.