Besteiro reclama a gratuidade total da AP-9

15 Setembro 2025

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reclamou dar “o salto definitivo” cara á gratuidade total da AP-9, aproveitando o prazo que vence esta semana en Bruxelas sobre a prórroga da concesión asinada no ano 2000 polo Goberno de Aznar.

“É un momento extraordinario para asumir ese pequeno gran salto ata chegar ao 100% das bonificacións, á gratuidade no noso territorio”, defendeu este luns 15 de setembro Besteiro, quen dixo que “foron os gobernos socialistas quen puxeron en marcha o 50% e logo o 75% de desconto”.

Ademais, pediu “coherencia” ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda: “Non pode reclamar a transferencia da AP-9 mentres mantén peaxes nas autovías que xa son da súa competencia. Primeiro hai que comprometerse coa gratuidade aquí, en Galicia, con todas as autoestradas”.

Besteiro enmarcou esta reclamación dentro “dunha semana clave tamén para o transporte público”, xa que hoxe as comunidades autónomas deben responder ao Goberno central sobre a súa incorporación ao novo plan estatal de mobilidade. Segundo explicou, aceptar o plan permitiría “reducir tarifas, ampliar a mobilidade e mellorar un transporte que falla estrepitosamente en Galicia”.

Antes de abordar a cuestión da mobilidade, Besteiro enviou unha mensaxe de ánimo aos cinco brigadistas feridos no incendio de Barreiros, que polas últimas novas avanzaba cara a Lourenzá.

O líder socialista explicou que a súa prioridade inmediata é “estar coas persoas afectadas pola vaga de lumes”. Por iso, acompañou este domingo ás vítimas en San Vicente de Leira —que definiu como “a zona cero da traxedia”— e subliñou que “era onde tiña que estar onte porque o prioritario é a recuperación”.

Besteiro lembrou que nesta parroquia arderon “cerca de 120 vivendas e 90 inmóbeis” e denunciou que a situación é “un exemplo claro dunha mala planificación forestal” e tamén dos problemas de comunicación e telecomunicacións derivados da desidia dos últimos 16 anos: “En definitiva, é un exemplo claro do abandono do rural por parte do Partido Popular”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.