Muros recibe ás familias acolledoras de crianzas saharauís e reafirma o seu compromiso coa causa do Sáhara

22 Agosto 2025

O Concello de Muros recibiu este mércores 22 de agosto ás familias que acollen crianzas saharauís ao abeiro do programa Vacacións en Paz, impulsado pola SOGAPS de Muros. No acto participaron a alcaldesa, María Lago, e o concelleiro de Servizos Sociais, Mario Martínez, que fixeron entrega de agasallos elaborados pola asociación inclusiva da contorna muradá ADISBISMUR e de material escolar destinado aos campamentos de Tindouf (Arxelia).

O programa, con décadas de traxectoria en Galiza e milleiros de acollementos, procura mellorar a saúde das crianzas e garantirlles un verán afastado das temperaturas extremas do deserto alxerino, onde malviven milleiros de persoas refuxiadas desde hai case medio século.

Desde o Goberno local de Muros subliñaron o seu “compromiso coa causa saharauí” e “co dereito á autodeterminación dun pobo que continúa a sufrir a ocupación marroquí mentres o Estado español elude a súa responsabilidade histórica e política”, sinalaron.

Outros artigos

O Concello de Noia amplía a rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Noia prosegue a súa actividade nas parroquias, mellorando servizos básicos, e os días pasados iniciou os traballos para ampliar a rede de saneamento en Sueiro, na parroquia de Argalo. A intervención achegará ás veciñas e veciños 100 metros de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.