Un terzo do bono turístico xa foi descargado nas primeiras horas

18 Xullo 2025

Os bonos están dispoñibles para a súa descarga desde as 09,00 horas doeste venres 18 de xullo ata o 19 de decembro de 2025 na web www.bonoturismo.gal. Deste xeito, Turismo de Galicia pretende incentivar a desestacionalización na comunidade mediante o cofinanciamento de estancias e actividades, prolongando así a actividade turística fóra de tempada e dinamizando a economía e o emprego no sector.  En total, a Xunta inviste este ano 1M€, a través dos que se espera mobilizar ata 2,5M€ no sector durante o outono.

Deste xeito, mobilizaranse máis de 16.000 bonos que estarán dispoñibles en formato código QR. Cada persoa poderá acceder a un máximo de dous bonos, que serán cada un dun importe de 150€, cofinanciados nun 40% pola Xunta de Galicia e nun 60% polas persoas solicitantes. Estas últimas deberán, por tanto, abonar 90€ por cada bono, 180€ no caso de que accedan aos dous máximos, que lles facilitarán ata 300€ para gozar dunha estadía o vindeiro outono nalgún dos establecementos participantes no programa.

A resolución que se publicará no DOG tamén establece que os establecementos de aloxamento turísticos e as axencias de viaxes que desexen adherirse ao programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos deberán rexistrarse na web www.bonoturismo.gal a partir do vindeiro martes, 15 de xullo, e o prazo remará o 1 de decembro deste ano.

Poderán apuntarse aqueles establecementos de aloxamento da comunidade autónoma e axencias de viaxes que teñan un centro de traballo en Galicia e desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado á comunidade. Deberán estar dados de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación da convocatoria.

Desestacionalización e promoción do turismo interno

Os bonos turísticos xurdiron no contexto da pandemia de COVID-19, co obxectivo de dinamizar o consumo turístico nun momento de baixo movemento. Desde entón, a iniciativa evolucionou ata consolidarse como un referente na promoción do turismo fóra da temporada alta, que fomenta ademais o sector turismo e as viaxes dentro da propia comunidade.  

Durante estes cinco anos (2020-2024), puxéronse en circulación máis de 63.000 bonos turísticos e mobilizáronse máis de 16,5M€ no sector turístico galego. Deles, 2,5 M€ mobilizáronse só en 2024 cando tamén participaron máis de 400 establecementos de toda Galicia.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.