O Concello de Boiro rehabilita unha das antigas vivendas de mestres na avenida de Compostela para destinala a usos sociais

22 Xullo 2025

O Concello de Boiro está a levar a cabo a rehabilitación dunha vivenda na avenida de Compostela co obxectivo de destinala a usos e fins sociais. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, supervisaron na mañá deste 22 de xullo o desenvolvemento das obras xunto co arquitecto municipal.

Trátase dunha antiga vivenda de mestres situada nas inmediacións do CEIP Praia Xardín e que leva anos en desuso. Nos últimos anos o Concello de Boiro levou a cabo os trámites para a súa desafectación dos usos educativos e poder destinala a outros obxectivos.

A edificación, que fai esquina con fachada a dúas rúas, é de andar baixo e conta cunha superficie construída de 104 metros cadrados. Foi edificada no ano 1974. Ademais, sinalar que está distribuída en salón-comedor, cociña con lavado, corredor, baño e tres dormitorios. Debido á súa antigüidade de 50 anos, “require obras de mellora para garantir os requisitos básicos de habitabilidade”, explicaron.

As obras que se están a levar a cabo buscan mellorar a envolvente térmica da edificación en cuberta e fachadas, a impermeabilidade do conxunto e aspectos funcionais dos elementos de acabados interiores. Amais, vaise instalar SATE en todas as fachadas; substitución das carpinterías exteriores por outras de aluminio; renovación dos pavimentos interiores e pezas do baño; melloras na instalación de fontanería e saneamento e pintado interior e exterior da vivenda.

Trátase dunha actuación que se está a levar a cabo con fondos propios que ascende aos 74.189 euros. Nunha segunda fase dotarase a vivenda de mobiliario interior, para iso o Concello de Boiro vai destinar unha parte do POS de servizos sociais extraordinarios da Deputación da Coruña, uns 17.600 euros para o equipamento da cociña e todo o interior.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.