Rianxo celebra o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo iluminando o Concello e lendo un manifesto este 2 de abril no Pazo de Rianxiño

02 Abril 2025

Este mércores 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data que ten como obxectivo dar visibilidade na sociedade ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover súa participación social en igualdade de condicións. O Concello de Rianxo ten un amplo programa de actividades para celebrar esta xornada. Para comezar, este mércores celebrarase no Pazo de Rianxiño, ás 17.00 horas, un acto institucional e a lectura dun manifesto co que reivindicar a plena integración das persoas con TEA. De xeito complementario, o equipo do Concello iluminará a fachada da Casa Consistorial en sinal de solidariedade.

Ademais, este xoves 3, ás 18.30 horas, desenvolverase un relatorio de Sandra Fernández (A ansiedade no autismo) no Pazo do Martelo e o venres 4 volverán as charlas ao Pazo de Martelo con A sexualidade e o autismo, a cargo de ASPERGA.

Estas actividades formativas e divulgativas irán orientadas aos clubs deportivos do municipio, entidades asociativas e ao conxunto da veciñanza.

O domingo día 6 de abril o municipio rianxeiro acollerá a II Andaina Solidaria da Asociación de Trastornos do Espectro Autista do Barbanza – BarbanTEA. Organiza o Servizo de Deportes do Concello de Rianxo.

Dende o Concello de Rianxo tamén recordan que podemos coñecer máis detalles sobre esta iniciativa visitando o portal web www.diamundialautismo.com ou contactando coa Federación Autismo Galicia a través de info@autismogalicia.org ou do 981 589 365.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.