Rianxo acolle a etapa “decisiva” do Ralli Berberecho de Noia

01 Abril 2025

A XXXIX edición do Ralli Berberecho de Noia xa quece motores, como sinalamos os días pasados dende este medio, salientando o feito de que se vai celebrar a vindeira fin de semana (os días 4 e 5 de abril, sábado e domingo) convertendo a vila noiesa no epicentro galego e estatal do deporte de motor. Trátase da terceira proba do calendario autonómico, con 155 inscritos e miles de afeccionados que encherán os tramos marcados (temos todos os detalles deste importante evento deportivo en GZRally e, por suposto, na web do Ralli Berberecho).

Este ano Rianxo atópase entre os concellos colaboradores desta proba, unha das máis importantes da Federación Galega de Automobilismo. O sábado 5 de abril, a partir das 17:30 horas, celebrarase un agrupamento de participantes na praza Castelao. Logo, os participantes, completarán no municipio a etapa máis longa e tamén a máis decisiva desta edición. Dende o Concello de Rianxo lembran que xa hai 155 pilotos inscritos e miles e que “serán miles os seareiros que encherán a praza Castelao e o tramo rianxeiro para desfrutar da proba”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.