A xa histórica Escudería Berberecho (fundada alá polo 1974) celebra este ano 51 anos de andaina e todo indica a que este ano vaise renovar e redobrar a ilusión coa que foi afrontada a edición previa Ralli Berberecho de Noia, proba puntuábel para o Campionato Xunta de Galicia de Rallis. Trátase, segundo recalcou a organización da proba (a Escudería en colaboración co Concello) na presentación da nova edición (a XXXIX), dunha das das probas máis importantes da Federación Galega de Automobilismo. Celebrarase a vindeira fin de semana (os días 4 e 5 de abril, sábado e domingo) convertendo Noia no epicentro do deporte de motor. Trátase da terceira proba do calendario autonómico, con 155 inscritos e miles de afeccionados que encherán os tramos marcados. Temos todos os detalles deste importante evento deportivo en GZRally e, por suposto, na web do Ralli Berberecho.
O Ralli de Noia é unha proba que se celebra anualmente no concello de Noia e na súa contorna, organizada pola Escudería Berberecho. A primeira edición celebrouse en 1984, resultando gañador Chano Carrera cun Opel Ascona e dende entón celebrouse todos os anos coas únicas excepción do 2002, 2020 e 2021.
O piloto máis laureado da proba é Germán Castrillón, quen xunto á súa copiloto habitual Estrella Castrillón, logrou sete vitorias entre 1991 e 2001. Detrás deles no palmarés sitúanse Pedro Burgo e Víctor Senra, con catro edicións gañadas cada un.
Fonte: Galipedia.





