O vehículo VIDOC da Policía Nacional, que permite expedir e renovar DNI e pasaportes, estará en Rianxo o 12 de maio

11 Abril 2025

Rianxo atópase entre os concellos que vai contar cun novo servizo da Policía Nacional: o Vehículo Integral de Documentación (VIDOC). Esta unidade móbil, ademais de facilitar a expedición e renovación de DNI, tamén suporá que sexa posíbel expedir e renovar o pasaporte no municipio rianxeiro sen que a cidadanía teña que trasladarse a outras localidades. Ademais, os documentos entregaranse de forma inmediata, polo que xa non será necesario achegarse dous días. O VIDOC estará en Rianxo o vindeiro 12 de maio. Quen desexe pedir cita pode achegarse ao Concello de Rianxo en horario de 9:00 a 14:00 ou chamar ao 981 86 00 75.

Na provincia da Coruña contarase con tres vehículos destas características que percorrerán 27 concellos que carecen de comisaría (entre os que se atopa Rianxo), ademais do Centro Penitenciario de Teixeiro, para prestar servizos de documentación exclusivos delas, como a renovación e expedición dos DNI e dos pasaportes.

Estes novos vehículos forman parte do Plan de Identidade Dixital da Dirección Xeral da Policía Nacional financiado con cargo aos fondos do Plan de Recuperación. Os VIDOC terán capacidade para actualizar os certificados dixitais do DNI, xa que contan cun Punto de Actualización de Documentación (PAD), que complementan aos oito que se están a instalar en diferentes concellos da provincia, o primeiro deles en Ordes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.