Federico Beilinson, gañador do III Premio Internacional de Composición Portus Apostoli organizado polo Noia Harp Fest coa colaboración do Concello de Noia

15 Febreiro 2025

A terceira edición do certame, organizado polo Noia Harp Fest coa colaboración do Concello de Noia, recibiu unha ducia de propostas chegadas de Alemaña, Arxentina, Austria, Colombia, España, Estados Unidos, Finlandia, Israel e Italia

O III Premio Internacional de Composición Portus Apostoli, impulsado polo Festival Internacional de Arpa Vila de Noia e o Concello de Noia, xa ten obra gañadora. O galardón foi outorgado á peza Cuatro historias gallegas, do compositor e guitarrista arxentino Federico Beilinson. Ademais do recoñecemento, o premio inclúe unha achega económica de 2.500 euros e a estrea da composición a cargo do NHF.

Este certame innovador busca ampliar o repertorio actual de obras para arpa e orquestra. Nesta terceira edición recibíronse 11 propostas orixinais procedentes de diversos países, entre eles Alemaña, Arxentina, Austria, Colombia, España, Estados Unidos, Finlandia, Israel e Italia. O xurado estivo conformado pola directora de orquestra Isabel Rubio, a catedrática de arpa do Real Conservatorio Superior de Madrid Susana Cermeño, o compositor Fernando Buide e a arpista Alba Barreiro, que actuou como secretaria sen voto.

A obra Cuatro historias gallegas foi seleccionada polo tribunal pola súa creatividade musical e a interesante utilización da escrita para arpa, ademais de destacar os múltiples recursos técnicos empregados para a corda. Segundo Beilinson, a composición propón “unha viaxe sonora e rítmica” baseada na riqueza musical galega e nas súa historias fantásticas. O autor buscou crear un diálogo dinámico entre a arpa e a orquestra, aproveitando todas as posibilidades do instrumento.

Mención de honra para Gabriel Bussi

O xurado outorgou unha mención de honra á obra Folías Celtas, do compositor e violinista uruguaio Gabriel Bussi, membro da Orquestra Sinfónica de Galicia. O tribunal salientou a calidade da escrita e a técnica instrumental utilizada tanto para a arpa como para as cordas.

Noia Harp Fest, un referente musical

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest) é o único evento do noroeste peninsular dedicado exclusivamente a este instrumento. A décimo segunda edición celebrarase os días 30 e 31 de xullo, e 1 e 2 de agosto, baixo a dirección de Rodrigo Romaní, Beatriz Martínez e Alba Barreiro. O evento conta co apoio do Concello de Noia, da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e da Deputación da Coruña.

Este festival representa unha cita imprescindible para as persoas amantes da arpa e da diversidade artística. Reúne cada ano bandas e solistas de renome, tanto galegos como internacionais, e explora desde músicas ancestrais ata creacións contemporáneas de vangarda. Ademais, desde 2023, acolle o Encontro de Escolas de Arpa de Galicia, un espazo de convivencia e interpretación colectiva para o alumnado dos centros galegos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.