A Deputación de Pontevedra facilitará a visita á Casa-Museo de Rosalía de escolares de 40 centros da provincia

13 Xaneiro 2025

A Deputación de Pontevedra abre este martes 14 de xaneiro o prazo para que ata 40 centros educativos da provincia poidan participar no programa Rosalía, a súa casiña, o meu lar, impulsado pola institución provincial en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, con sede en Padrón na casa que foi propiedade da poeta. Trátase dunha iniciativa para que o alumnado da provincia coñeza a riqueza cultural da colección da Casa-Museo, o intenso labor que desenvolve e se achegue á figura e legado da autora. Deste xeito, a Deputación destina a esta iniciativa 32.500 euros e farase cargo tanto dos custes da entrada como do transporte do alumnado dende os centros de ensino da provincia ata a Casa de Rosalía.

“Reforzamos así a aposta da Deputación por divulgar a figura e o legado da autora, aumentando o orzamento con respecto ao pasado ano, no que se destinaron 27.100 euros a esta iniciativa, para que poidan realizar as visitas máis centros (40 fronte a 35)”, explicaron fontes da entidade provincial, engadindo que a visita, guiada polo persoal do Departamento de Educación da Casa-Museo, estará apoiada no material didáctico enviado previamente a cada centro educativo e adaptado a cada etapa (Primaria, ESO e Bacharelato). No seu percorrido, o alumnado coñecerá os acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Así, no andar baixo, denominado O perfil dunha sombra, os escolares poderán apreciar a dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, a contorna que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora, mentres que no primeiro andar, denominado O seu, vivirán unha recreación da casa rural da época, entre labrega e fidalga. Ademais, durante o transcurso da visita, realizarase unha proxección audiovisual sobre a figura de Rosalía, que rematará coa entrega ao centro de varios volumes literarios da autora.

Os centros educativos interesados en beneficiarse de Rosalía, a súa casiña, o meu lar deberán, en primeiro lugar, concertar as vistas co departamento de Educación da Casa-Museo a través do correo fundacion@rosaliadecastro.gal ou do teléfono 981 811 204. Unha vez acordada a cita, terán que presentar a súa solicitude a través da Sede Electrónica da Deputación a partir deste martes, 14 de xaneiro, e nun prazo máximo dun mes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.