O Concello de Ribeira entrega as cestas dos concursos de embelecemento do Nadal

27 Decembro 2024

Este venres 27 de decembro déronse cita no Centro Cultural Lustres Rivas as persoas gañadoras das diferentes modalidades do Concurso de Embelecemento do Nadal de Ribeira. Para a entrega das cestas acudiron o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez-Puerta, a concelleira de Promoción Económica Genoveva, Betanzos e a concelleira de Cultura, Antía Alberte. Segundo explicaron, trátase dunha actividade promovida polas áreas de Cultura e Comercio do Concello de Ribeira cun dobre obxectivo: por unha parte favorecer, poñer en valor, incentivar e dinamizar a participación do tecido económico do municipio, hostalería e comercio, nas celebracións de Nadal favorecendo así a promoción das compras nos negocios locais; e pola outra banda animar á veciñanza do municipio a embelecer as súas vivendas nestas datas de Nadal.

Relación de premiados nas diferentes modalidades

Para os galardoados en fachadas, balcóns e xardíns, entregáronse un total de 10 premios, un premio en cada parroquia cunha cesta por valor de 180 € máis un premio especial para a mellor decoración do municipio cunha cesta por valor de 300 €.

Os galardoados e galardoadas para as cestas de 180 € foron:

· Parroquia de Aguiño “As estrelas guíante” Manuel Sampedro

· Parroquia Artes “O Nadal en Artes” Manola Pinazas

· Parroquia Castiñeiras ”O Bosque das ilusións” Manola Vilar

· Parroquia Olveira “La casa de las luces” Carlos Romero

· Parroquia Oleiros “Decoración Nadal Oleiros” Juana Cánibe

· Parroquia Corrubedo “O noso fogar” Judith Sobrido

· Parroquia Ribeira “Abuelo gruñón” Conchi Rodríguez

· Parroquia de “O Nadal en Laxes” Mónica Sampedro

O premio especial desta modalidade cunha cesta valorada en 300 € foi para a parroquia de Castiñeiras con “Soños de Nadal” de Antonio Casanova.

Os galardóns para a hostalería foron para a Caseira e o Cocoluche coas cestas valoradas en 300 € e en 200 €, respectivamente.

Para rematar os premios de decoración dos escaparates para o comercio foron para Teresa Arreglos de Confección e para Mariví Santos Atelier coas cestas valoradas en 300 € e en 200 €, respectivamente.

O acto rematou cunha foto de grupo, as firmas correspondentes e os agradecementos das concelleiras e o segundo tenente de alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.