O Concello de Ribeira achega o agradecemento de Nadal ao Obradoiro de Carpintaría da UCA

23 Decembro 2024

O Concello de Ribeira reuniuse co profesorado e o alumnado do Obradoiro de Carpintaría da UCA para achegarlle o seu agradecemento de Nadal, ao tempo que salientou o importante traballo de integración que está a desenvolver no termo municipal e no Barbanza. “Podemos dicir que o Obradoiro é unha familia de carpinteiros que goza co seu traballo e que poden botar peito coa variedade de traballos de calidade que fan para toda a comunidade”, sinalou o equipo do Concello. O agradecemento feito polo Goberno local foi realizado polo rexedor, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, o director da UCA, Jesús Cartelle, e o mestre carpinteiro, Manolo Casais.

Na recepción feita transmitíuselles a todos os compoñentes do obradoiro os agradecementos e o orgullo do Goberno e da veciñanza polo traballo realizado neste ano que remata. O alcalde destacou o traballo que os usuarios desenvolven no ámbito do mantemento de infraestruturas en madeira, a colaboración que prestan na instalación dos beléns de Nadal ou a rehabilitación da aldea de Sálvora. “Prestades un servizo á comunidade que é esencial e que moitas veces pasa desapercibido, por iso agradecémosvos publicamente todo o voso traballo e esforzo”, engadiu. Ao remate fíxose a entrega duns aguinaldos de Nadal.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.