Mulleres do Barbanza celebrará homenaxes ás mulleres vítimas da violencia machista nas xornadas do 21, o 25 e o 28

21 Novembro 2024

Entre as actividades organizadas pola Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, está a proxección de tres curtametraxes de tres directoras palestinas: Electrical Gaza (2015) de Rosalind Nashashibi, Your father was born a 100 years old, and so was The Nakba (2017), de Razan Alsalah, e The silent protest: Jerusalem 1929 (de 2019), de Mahasen Nasser-Eldin. Trala proxección de cada una delas farase un pequeno debate. Será este xoves día 21 de novembro, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, a partir das 20.00 horas. Trátase dun proxecto de Another Gaze Journal, coa colaboración da cooperativa Numax e BDS Barbanza.

Ademais, o luns 25 de novembro a asociación levará a cabo varias actividades na praza da Porta do Sol (a carón da Igrexa Parroquial de Santa Uxía) de Ribeira e máis na praza do Concello, actividades convocadas para honrar a memoria das vítimas da violencia machista. Contarase (na Porta do Sol) coa colaboración de Somos Human@s Somos Refuxio e BDS Barbanza, a renderase un tributo especial ás mulleres palestinas. Logo a concentración trasladarase á Columna das Vidas Fendidas onde será descuberta unha placa en memoria de Andrea Yturry Alave (moza asasinada este ano pola súa ex parella en Palmeira) e de todas as vítimas da violencia machista.

A maiores, o xoves 28 ás 18.30 horas celebrarase no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira a proxección do documental No estás sola. La lucha contra la manada, en colaboración co Grupo de Acción do Barbanza de Amnistía Internacional.

Organiza a Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) coa colaboración do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...