A Secretaría da Lingua establece as datas das probas para obter os certificados CELGA entre o 16 e o 24 de novembro

28 Outubro 2024

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia as datas para a realización dos exames que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega e que se celebrarán entre o 16 e o 24 de novembro en Santiago de Compostela e Ponferrada.

Trátase da segunda convocatoria que a Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) efectúa este 2024, centrada neste caso nas probas correspondentes aos niveis CELGA máis solicitados, o 2, o 3 e o 4. Desta maneira, preténdese continuar favorecendo o coñecemento e emprego do galego en toda a sociedade e, especialmente, entre aquelas persoas non nacidas en Galicia ou que non tiveron este idioma como lingua nai, impulsando o interese por el.

Así, as persoas solicitantes que finalmente resulten admitidas deberán presentarse os días 16 ou 17 de novembro (segundo a inicial do seu apelido) para realizar o exame do CELGA 4. Así mesmo, a data da proba do CELGA 3 é o 23 de novembro e para o nivel 2 o día elixido é o 24 do mesmo mes. O comezo para todas elas será as 9,00 horas.

Cómpre lembrar que as listaxes provisionais das persoas solicitantes admitidas en cada unha das probas poden ser consultadas no Portal da Lingua da Administración autonómica. Ademais, na publicación do DOG tamén quedan establecidos os lugares para examinarse tanto da parte escrita como da oral: o Instituto Antón Fraguas en Santiago de Compostela e a Escola Oficial de Idiomas en Ponferrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.