CONGALSA vén este outono con grandes novidades. Ademais dos pasos dados en Portugal en materia de colaboracións e exportacións, da inminente celebración da súa nova Andaina Solidaria e dos preparativos para o Torneo Internacional de Fútbol Base, presentou nova campaña corporativa (Lo que nos une) e avanzou detalles da súa presenza na feira internacional CONXEMAR, que se celebra entre o 1 e 3 de outubro no IFEVI de Vigo.

A nova campaña
O obxectivo da campaña Lo que nos une é dar a coñecer cada unha das marcas que forman a compañía con sede principal na Pobra do Caramiñal e na que, a pesar de ser diferentes, comparten os mesmos valores: a innovación, a sustentabilidade e o respecto polas persoas e a contorna. O conselleiro delegado de CONGALSA, Julio Simarro, explicou a intención desta iniciativa e destacou que “sempre cremos que o verdadeiro éxito radica na capacidade de conectar e por iso, queremos compartir a nosa visión dun futuro no que a calidade dos nosos produtos, a innovación constante e o respecto á contorna impúlsannos a crear novas oportunidades”.
Explicou tamén que Lo que nos une non é só un lema, é “a nosa forma de entender o mundo, xa que cada unha das nosas marcas foi deseñada para responder as necesidades do presente, pero coa vista posta no futuro”. Neste camiño, os esforzos están dirixidos a garantir que cada paso que se dea sexa para achegarse a un futuro “máis respectuoso e responsábel, mantendo o nivel de calidade das materias primas e produtos elaborados e seguir marcando a diferenza na industria alimentaria”.
CONXEMAR
Un ano máis, o marco escollido para dar a coñecer este novo lema será a feira internacional CONXEMAR que se celebra no IFEVI de Vigo os días 1, 2 e 3 de outubro. Deste xeito, os visitantes que se acheguen á caseta 3D02 situado no Hall 3, poderán coñecer os produtos de alta calidade que se elaboran baixo o paraugas de CONGALSA.
Marcas que forxan Lo que nos une
Deste xeito, as diferentes accións están orientadas a presentar o perfil de cada unha das marcas:
-Ibercook Food Service é a marca de alimentación referencia en hostalería. Centrada na canle HORECA (Hostalería, Restauración e Cafetarías), ofrece as mellores solucións para negocios de restauración.
-IberCook Fun Food centrouse en converter as comidas nunha experiencia divertida creando deliciosos aperitivos ou pratos principais, entre outros, para un menú semanal variado e equilibrado.
-Sulpasteis, unha aposta pola tradición e por manter viva a cultura gastronómica ao apostar por sabores caseiros inconfundíbeis. Marca recoñecida pola calidade das elaboracións que son elaboradas coas mellores materias primas.
-Yatecomeré crea en cada bocado unha experiencia única ao transformar cada unha das receitas nunha elaboración creativa e sofisticada ao gusto dos chef máis esixentes.
Para máis información sobre a campaña podemos visitar a web de CONGALSA.



