CONGALSA organiza o vindeiro 6 de outubro a IX edición da súa Andaina Solidaria (inscricións xa abertas)

24 Setembro 2024

A empresa alimentaria da Pobra CONGALSA abriu o prazo para facermos as inscricións na súa IX Andaina Solidaria, que se celebra o vindeiro domingo 6 de outubro. A cita está novamente aberta a toda aquela persoa que desexe participar con todo o que isto leva parello: implicarse nunha boa cousa, compartir espírito solidario e desfrutar dunha xornada deportiva na mellor compaña (traballadoras/es de CONGALSA, familiares, amigos, entidades colaboradoras, provedores ou clientes, etc).

Esta cita anual coa solidariedade e o deporte celebrarase de modo presencial con saída á 09.30 h. da Lonxa de Aguiño (Ribeira) e, como en anos anteriores, terá unha duración aproximada de dúas horas. A metade de camiño haberá un punto de avituallamento e ao finalizar uns petiscos nos que poder comentar co resto de asistentes como foi o roteiro.

Todas as persoas interesadas en tomar parte nesta iniciativa poden inscribirse a través das webs de CONGALSA e de Deporticket ata o venres 4 de outubro. Para aquelas que queiran participar e non poidan asistir ao evento está a opción de facelo a través do Dorsal 0.

Os requisitos para participar, ademais da achega económica de catro euros, é que cada participante deberá entregar polo menos un quilogramo ou un litro de alimentos non perecedoiros.

“Con esta andaina queremos dar o noso apoio a aqueles que máis o necesitan, colaborando con iniciativas da comarca do Barbanza que traballen prestando apoio social a colectivos, persoas e familias en risco de exclusión social, como Cáritas e ICE Renovación”, explicou Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de CONGALSA, expresando o seu agradecemento ao Concello de Ribeira e á Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza A Orixe pola súa colaboración na organización desta nova edición da andaina.

Cañas tamén fixo saber que a xornada solidaria non só será un evento para contribuír a causas benéficas, senón tamén “unha oportunidade para gozar dunha contorna natural única en Ribeira”. O percorrido de 10 quilómetros, deseñado para ser accesíbel a persoas de todas as idades, “convida a compartir unha experiencia na que se fusionan deporte e solidariedade”, sinala CONGALSA.

Así mesmo, as primeiras 300 persoas que se inscriban recibirán unha camiseta conmemorativa da andaina que levarán o deseño gañador do Concurso de Deseño que se organizou entre os traballadores de CONGALSA e os seus familiares.

A empresa da Pobra Caramiñal, que tamén ten sede en Ribeira, lanzou un chamamento a todos os participantes para que “gocen do evento”, non “só polo seu impacto solidario, senón tamén pola posibilidade de pasaren tempo de calidade con compañeiros, amigos e familiares, promovendo a saúde e a calidade de vida”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...