CONGALSA afianza as relacións coa Associação Empresarial de Portugal

20 Setembro 2024

Co obxectivo de “fortalecer as relacións comerciais e explorar novas oportunidades de cooperación”, unha delegación da AEP – Associação Empresarial de Portugal, liderada polo presidente do Consello de Administración, Luis Miguel Ribeiro, visitou as instalacións de Sulpasteis, que forma parte da Corporación Empresarial CONGALSA, situada en Arganil, no distrito de Coimbra.

Este encontro, ao que asistiron o presidente do grupo alimentario con sede principal na Pobra do Caramiñal, Luis Miguel Simarro, e o director xeral de Sulpasteis, Ricardo Alves, serviu para establecer un marco importante no desenvolvemento de estratexias conxuntas co fin de potenciar as exportacións de produtos portugueses, especialmente a través das comunidades portuguesas no estranxeiro.

Segundo explicaron, trátase do inicio dunha serie de actividades planificadas para os vindeiros meses co “obxectivo de consolidar e ampliar os lazos comerciais entre Sulpasteis e a rede empresarial portuguesa, contribuíndo ao crecemento económico tanto a nivel nacional como internacional”. Durante o encontro, ademais da asinaren no libro de honra, a expedición da AEP realizou unha visita ás instalacións da empresa para ver in situ como se elaboran os diferentes produtos. Outro dos puntos tratados entre ambas as partes foi o establecemento dunha serie de iniciativas destinadas a mellorar a colaboración.

“Esta visita subliña a importancia de unir esforzos para impulsar a presenza de produtos portugueses no mercado internacional. Estamos convencidos de que o reforzo desta alianza, coas posibilidades que esta colaboración nos ofrece, será beneficioso para Sulpasteis e por tanto para a Corporación Empresarial CONGAlSA, así como para todo o sector empresarial portugués”, afirmou Ricardo Alves, director xeneral de Sulpasteis.

Para o presidente do Consello de Administración de AEP, “visitar as empresas é a mellor forma de entender o tecido empresarial. Coñecer por dentro Sulpasteis foi un pracer non só pola innovación e calidade do produto, senón tamén pola dinámica que imprime na súa actividade”. Así, destacou a relevancia deste tipo de alianzas para fortalecer a economía nacional, subliñando o papel crucial que xogan as comunidades portuguesas na promoción de produtos nacionais no estranxeiro. Ricardo Alves tamén sinalou que “O traballo conxunto con asociacións como a AEP é fundamental para o éxito das nosas exportacións e para a promoción de Portugal nos mercados”.

Outros artigos

Domingo 13, sol e temperatura alta

Durante o domingo agárdanse néboas matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados na metade oeste. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso ehgando ós 25-27 graos. Os ventos...

+

Dous feridos nun accidente de tráfico en Aguiño

Unha condutora e unha ocupante dun turismo Nissan resultaron feridas tras unha colisión frontolateral na estrada DP-7305, á altura de Aguiño. O accidente, no que tamén estivo implicado un vehículo Fiat, provocou que ambos os automóbiles envorcasen e terminasen en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión