O pasado 25 de xuño, no marco do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores do Concello de Ribeira desenvolveuse unha nova actividade: unha viaxe cultural a Santiago na que participaron 56 persoas.
Realizouse unha visita á exposición O gardarroupa da música guiada polo seu comisario, Román Padín, na as persoas participantes no roteiro cultural puideron puideron coñecer a biografía da mezzosoprano Teresa Berganza e o seu delicado e único vestiario de alta costura.
Logo da visita asistiron ao concerto Cántame no peito da soprano Cecilia Lavilla Berganza e o pianista Miguel Ituarte no Auditorio Fundación Abanca.
A interpretación do ciclo de Cancións Xacobeas, Homenaxe á lírica galega, composto por Antón García Abril, cuxa estrea absoluta aconteceu no 1993 no Auditorio de Galicia, sendo Teresa Berganza a solista naquela recordada ocasión, foi o broche de ouro da actividade cultural para as persoas maiores de Ribeira.




