Pancarta contra Altri a carón da catedral de Santiago de Compostela

27 Xuño 2024

Co lema Altri Non, escaladores de Greenpeace despregaron unha pancarta na balconada do museo da catedral de Santiago, fronte á sede da Presidencia da Xunta (Pazo de Raxoi), para pedir que se descarte o proxecto de construción da macrocelulosa que a multinacional Altri quere levar a cabo en Palas de Rei (Lugo). A acción foi apoiada tamén desde a praza do Obradoiro por activistas de Ecoloxistas en Acción. As organizacións ecoloxistas denuncian “os devastadores efectos para a comarca da Ulloa e a ría de Arousa que esta enorme fábrica tería nunha zona de elevado valor ambiental, económico e social e piden que non se destinen cartos públicos para a súa construción”.

Manoel Santos, coordinador de Greenpeace España, declarou dende o Obradoiro que “a Xunta debe entender que Galicia nin necesita nin quere unha nova celulosa que poña en perigo a nosa biodiversidade, a nosa auga, os nosos sectores primarios e a nosa cohesión social. Do mesmo xeito que o museo da Catedral garda pezas valiosísimas, o museo natural da Ulloa tamén alberga hábitats e especies exclusivas que non teñen prezo e unha sociedade rural que busca a harmonía coa contorna, non malvivir cunha industria contaminante de enclave. Poñer os intereses económicos privados por riba do ben común non é propio dun goberno democrático”.

A acción tamén quixo chamar a atención sobre as enormes dimensións que ten o proxecto de Altri, que afectaría a unha superficie dez veces maior que a de ENCE en Lourizán. Segundo indican os ecoloxistas, “a macrofábrica inclúe ademais a construción dunha cheminea de 75 metros de altura, exactamente a mesma que teñen as torres da Catedral, para emitir enormes cantidades de substancias precursoras da choiva aceda como óxidos de xofre e nitróxeno”.

O proxecto da macrocelulosa, que está nestes intres en fase de estudo ambiental por parte da Xunta de Galicia, recibiu un récord de alegacións en contra, máis de 23.000, e está a xerar unha gran onda de mobilización social. Más de 20.000 persoas acudiron á primeira manifestación contra o proxecto en Palas de Rei (Lugo), zona cero do proxecto, o pasado 26 de maio e 300 embarcacións concentráronse nunha histórica protesta marítima na ría de Arousa o 12 de xuño. Asemade, unha petición de Greenpeace xa superou as 155.000 sinaturas de oposición ao proxecto de Altri.

“Resulta insultante a cantidade de diñeiro público que Altri está a pedir para destruír A Ulloa e poñer en grave risco toda a conca do Ulla. Non só están a poñer enriba da mesa un proxecto altamente contaminante e lesivo co noso medio ambiente, é que aínda por riba queren que o paguemos todos e todas. É absolutamente inaceptábel”, declarou dende O Obradoiro Ana Freiría, portavoz de Ecoloxistas en Acción.

As organizacións ecoloxistas e veciñais chaman a toda a cidadanía a acudir á vindeira mobilización (convocada pola plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa) que rodeará a sede da Xunta de Galicia (San Caetano) en Santiago de Compostela o vindeiro domingo 30 de xuño ás 12:00 para esixir de forma masiva que se descarte o proxecto.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...