“O día que Lisboa rouboume dúas bágoas, consentidas” – Manuel Domínguez

07 Maio 2024

Prometera visitar a rúa Antonio María Cardoso, para render homenaxe ás catro vítimas da PIDE.

A revolución dos caraveis foi incruenta, pero a policía represora nos seus últimos momentos non podía esquecer o odio acumulado durante anos, así que dispara á multitude, fere a uns e matan a Fernado C Gesteira, Jose J Barneto, Fernando Barreiro, e José Guilherme Arruda.

Pégome á parede do edifico antiga sede da policía represora, vénme á memoria a canción de Zeca Afonso, Na rúa Antonio María, homenaxe a quen en tan lúgubre lugar deixaron, a súa dor, as súas bágoas e porqué non, a súa vida.

Recordo e con dor a Concepción Rodríguez Matos, torturada ata limites que o corpo non pode soportar, non a deixaban ir ao baño, así que a súa merda e ouriños conviven con ela, o sangue da seu menstruación na súa mesma roupa, o cheiro era inmundo.

Moitos querían morrer, pedían que os matasen, a tortura era insoportable para calquera ser humano, ela non, ela non quería morrer, quería vivir, sabia que fóra nun futuro agardaríaa Domingos Abrantes, el era a ilusión, o soporte de tamaña dor, a humillación era indígnante, sabería que un día sería o final, un día, pero cando chegaría ese día?

O 18 de outubro 1969 casaría co seu amado, pero a PIDE impídelle facer fotos, por non existir non existe o tempo, non existen as memorias.

Chega a liberdade, e aquela muller que torturaba con pracer, que entrou voluntaria nese servizo nefasto de torturas que executaba a PIDE, Madalena das Dores Oliveira, coñecida como Leninha, un día foi levada a xuízo, 4 anos de cárcere que non cumpriu, acabou traballando nun supermercado, nunca se arrepentiu, morreu de cancro.

Dicir que vivín ese recordo no 2024, e dicir que esa dor compartida brevemente rouboume dúas bágoas, na imaxe baixo os meus pés uns caraveis, que alguén boamente alí depositou, dous caraveis no chan, regados con dúas bágoas, son débil? Non o sei, lembro unhas palabras do ser que mais amei na vida, un día díxome: “O home que non sabe chorar, non sabe amar”.

Outros artigos

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...