“Estaremos a vivir os derradeiros tempos do marisqueo a pé na ría de Arousa?. Antón Luaces

19 Maio 2024

Se non hai remuda xeracional nun sector tan fundamental en Galicia como é o da pesca, semella que ese futuro non pinta mellor no do marisqueo, a teor do que esta fin de semana dixeron dúas das tres mulleres do mar homenaxeadas polo concello de Ribeira nun nacto desenvolvido no Museo Municipal ribeirense e que presidiu o alcalde, Luis Pérez Barral.

Unha pequena embarcación que reproduce ás propias do mar de Arousa foi o agasallo que recibiron Julia Noya, mariscadora; Elena Rodríguez, loitadora incansable pola igualdade nos cupos, e Ángeles Betanzos, mariscadora. Ribeira, Aguiño-Carreira e Palmeira, foron sempre os lugares de actuación profesional destas tres mulleres que souberon realizar o seu labor profesional ao tempo que superaron circunstancias tan desfavorables como era comprobar que, malia seren  profesionalmente mariscadoras, os homes que integraban algunha das confrarías locais de pescadores non as admitían nunha destas entidades de dereito público polo feito de seren mulleres. Ata contra este tipo de adversidades tiveron que loitar as mulleres do mar de Ribeira. Hoxe en día, superados aqueles atrancos vixentes nun pasado non tan lonxano, Julia, Elena e Ángeles contemplan con desazón un futuro pròximo no que o marisco (actualmente básico na economía familiar e mesmo local) non sexa máis que a lembranza dun tempo no que foi -e ainda é- tan necesario, tan indispensable como o foron os barquiños reproducidos no galano que lles fixo o seu concello no Día Internacional da Muller no Sector Marítimo. Unha actividade, a do mar, que supón para Ribeira o 32% do seu Produto Interior Bruto (PIB). 

Que é o que fai desconfiar ás tres premiadas do futuro do seu sector?. 

Pois patra min, lector amigo, nen máis nen menos ca resposta do medio ás súas demandas de máis e mellores exemplares, que a ría de Arousa siga a ser a despensa da que sempre se serviron para comeren eles/elas e que, por causas moitas veces alleas ao simple feito de sementar nos parques, atender, defender e coidar estes da acción furtiva e da incomprensión dos “fodechinchos”, tan dados estes a crer que o marisco é de todos, durante todo o ano, sen respectar vedas nen o traballo dos profesionais do sector, esa resposta agardada, desexada e tantas veces temida, quede afundida para sempre nas lameiras que provocan os vertidos mineiros contaminantes, as chuvieiras incontrolables e os residuos plásticos, as cabichas abandonadas inconscientemente polos menos conscientes bañistas ou visitantes circunstanciais das praias. E, obviamente, a borralla que a choiva trae ao mar dos montes tantas veces queimados adrede e non por mans inocentes, precísamente. 

Pena da ter que recoñecer que non son inxustificados os medos de Elena Rodríguez, Julia Noya e Ángeles Betanzos ás que, dende este curruncho do Barbanza, quero agradecer o seu labor, o seu exemplo e a súa entrega a unha non sempre grata tarefa.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...