Esta semana, o martes 28 de maio, o Teatro Coliseo Noela de Noia acolleu un acto de homenaxe ao deportista local Caetano Horta Pombo, ao que a Corporación local ao completo (por acordo unánime) quixo distinguir coa Medalla de Ouro da vila. Foi durante a celebración dun pleno extraordinario no Noela, que deu comezo ás 20.30 horas.
“Trátase dun merecido recoñecemento polos éxitos deportivos acadados”, explicaron os membros da Corporación e do equipo de Goberno, que enxalzaron a “brillante traxectoria deportiva de Caetano”. Por certo que foi a primeira vez que un deportista recibía tal distinción. Horta, de só 18 anos, acadou diploma nos pasados Xogos Olímpicos de Toquio e agora aspira a conseguir unha medalla nos Xogos de París, este mes de agosto. O deportista, gran promesa do remo galego, estatal e internacional, agradeceu profundamente o recoñecemento do Concello e o apoio que lle veñen outorgando patrocinadores, familia e amizades.




