“A inexistencia de remuda xeracional ten a culpa de todo”. Antón Luaces

08 Maio 2024

Dende vai máis de trinta anos, o sector pesqueiro de Galicia -ao igual que acontece noutras comunidades autónomas- conta con numerosos mariñeiros procedentes de África (sobre todo de Marrocos, Senegal e Mauritania), Iberoamérica e Asia. Falábase daquela de que a contratación destes profesionais era debida á falta de mariñeiros galegos. Ao mesmo tempo, sabíase que os contratados cobraban en moitos casos bastante menos que os mariñeiros nacionais, datos que corroboraron naqueles anos os sindicatos do mar.

Na actualidade e ainda que en menor medida, segue a producirse a contratación de estranxeiros. E malia este feito, o presidente de Pesca España, Javier Garat, incide estes días en algo xa utilizado polos armadores do devandito sector pesqueiro para xustificar os contratos de non nacionais: non hai remuda. 

Javier Garat, a través de rede social “X” sinalaba este mércores que “garantir o futuro do sector pesqueiro conleva un grande desafío: garantir a remuda xeracional”.

Javier Garat non é, nen moito menos, un recén chegado ao sector da pesca. Bregado nos milleiros de problemas vividos pola pesca de altura e baixura, non é Garat -ao meu parecer- home que fale por falar. Ten argumentos para o facer, sen necesidade de botar man de vellas queixas e argumentos doados de desmontar (como acontecía trinta anos atrás), e se agora abanea a bandeira da imposibilidade de contratar tripulantes nacionais pola escaseza de mariñeiros que sucedan aos que se xubilan, supoño que algo de certo debe haber na denuncia ou queixa. No cita o por que.

Ao mesmo tempo, en poboacións netamente mariñeiras como poden ser en Galicia as de Celeiro, Burela, Cedeira, Muros, Costa da Morte, Cangas, Vigo, A Coruña, etc., xurden queixas do propio sector no senso de reclamar mellores compensacións económicas para os mariñeiros galegos que, afirman, non se enrolan porque as compensacións económicas non son, nen moito menos, atractivas, e percuran traballos en terra que poden non ser mellores económicamente, mais polo menos, están na casa e coa súa familia e non “de matalotes” a bordo dun barco en mares non sempre gratos.

Estaría deste xeito xustificada esa carencia de remuda xeracional?. Non hai remuda porque os salarios son baixos?. Son baixos os salarios porque a pesca non permite subilos?. É preferible pagar menos a mariñeiros estranxeiros ainda que non estean afeitos a traballar como os de aquí?..

Sexa como for, o certo é que hai barcos que permanecen amarrados ou saen ao mar con menos tripulantes dos establecidos como tripulacións mínimas?. Será que rematamos xa un dos ciclos máis importante da pesca en buques altamente preparados para ela?.

A resposta non está escrita; pero debe habela. 

Outros artigos

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...