O Concello de Boiro saca a licitación as obras para a mellora dos accesos e servizos á praia de Mañóns

02 Abril 2024

O Concello de Boiro sacou a licitación as obras para a mellora dos accesos e servizos á praia de Mañóns. O proxecto de execución da actuación ascende aos 42.514,26 euros e vaise levar a cabo mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+) da Deputación da Coruña.

A finalidade da obra que se pretende acometer é “mellorar o firme para xerar un percorrido accesíbel e seguro á praia de Mañóns, así como canalizar as pluviais eliminando o foxo aberto e que, nestes momentos, xera problemas de seguridade viaria”.

Así, vaise actuar na renovación do pavimento asfáltico da vía de acceso, dunha lonxitude de 180 metros e un ancho de 8 metros.

O proxecto contempla tamén crear beiras de 5 de ancho a cada lado da vía, de chan compacto de area- cemento, para facilitar o estacionamento e accesibilidade á praia. Xunto cos pavimentos vaise realizar a canalización de pluviais que percorren pola beira oeste, para mellorar a seguridade de uso da vía.

Os pregos para a licitación están dispoñíbeis para a súa consulta na Plataforma de Contratación do Sector Público e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 16 de abril.

Outros artigos

O Concello de Noia amplía a rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Noia prosegue a súa actividade nas parroquias, mellorando servizos básicos, e os días pasados iniciou os traballos para ampliar a rede de saneamento en Sueiro, na parroquia de Argalo. A intervención achegará ás veciñas e veciños 100 metros de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.