“Garante os ecosistemas mariños a enerxía eólica mariña flotante?” – Antón Luaces

01 Abril 2024

A instalación nas costas de Galicia e Asturias de aproximadamente unha ducia de parque eólicos mariños, mobiliza especialmente ao sector pesqueiro de ambas as comunidades autónomas, que non se negan aos posibles beneficios dese tipo de enerxía senon, máis ben, a que se instalen estes parques xusto nos caladoiros nos que faena a práctica totalidade dos barcos de baixura, de cuxo labor viven directamente máis de 5.000 familias (e moitas outras máis indirectamente).

Proba desa oposición é a continuidade das mobilizacións en Galicia contra os parques eólicos mariños que, no vindeiro sábado, 6 de abril, ás 12,00 horas, van ter lugar na vila de Burela seguindo o calendario de concentracións deseñado a prol da supervivencia dos pobos pesqueiros e na defensa do propio sector e os ecosistemas mariños destas comunidades. A concentración realizarase diante da confraría de pescadores local.

Moito se debate en torno aos efectos que os parques eólicos mariños flotantes poden ter para o sector da pesca. Os coñecedores da cuestión falan de, como mínimo, cinco maneiras distintas que como poden afectar ambientalmente:

1).- Por contaminación acústica: as turbinas e a montaxe das estruturas xeran ruído que pode afectar a mamíferos e outros animais mariños (entre estes o peixe obxectivo dos barcos de baixura) , porque tal ruído pode alterar os seus patróns de comportamento e comunicación.

2).- Contaminación por metais pesados: os ánodos de sacrificio (material que se instala en tubaxes ou tanques para sacrificar a corrosión) utilizados nas turbinas poden liberar metais pesados á auga. Estes metais poden ser prexudiciais para a vida mariña e afectar á calidade da auga.

3).- Danos aos fondos mariños: o tendido e despregamento dos cables, así como as áncoras utilizadas para manter os aeroxeradores flotantes no seu lugar, poden causar danos nos fondos mariños, con repercusións na biodiversidade e a saúde dos hábitats mariños.

4).- Colisión con aves e tartarugas mariñas: durante as fases de construción, operación e desmantelado, existe risco de colisión de aves, mamíferos e tartarugas mariñas coas instalacións.

5).- Creación de arrecifes artificiais: aínda que a maioría dos biomas (conxunto de ecosistemas característicos dunha zona bioxeográfica definido a partir da súa vexetación e das especies animais que predominan nel) poden adaptarse á interrupción temporal da construción, a instalación de aeroxeradores flotantes pode crear arrecifes artificiais que poderían, á súa vez, atraer especies invasoras e alterar deste xeito os ecosistemas mariños.

Se ben a enerxía eólica mariña está considerada unha alternativa sostible, avaliar e reducir estes impactos resulta importante para garantir a saúde dos ecosistemas mariños a longo prazo.

O sector pesqueiro coñece estes riscos e opta nidiamente por non correlos, opoñéndose na medida das súas posibilidades a decisións que poden impedir a súa supervivencia.

Outros artigos

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

+

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...