“Seguir, malia ter sido acusado de victimismo pola oposición” – Antón Luaces

29 Abril 2024

Si, Pedro Sánchez decidiu seguir avante como presidente do Goberno “con máis forza se cabe”, dixo el mesmo na mañá deste luns . Rematou así con todas as especulacións rexistradas nos últimos cinco días cheos de incertezas. 

Nin dimisión, nin moción de confianza. Tampouco nova convocatoria de eleccións xerais.

Na dereita, Núñez Feijóo deberá agardar unha nova quenda para dar o si ao rei Felipe VI se este formula nova oferta ao presidente do PP para se facer cargo da presidencia do Goberno español. 

Porque Pedro Sánchez non abandona, non marcha: seguirá a ser presidente dos españois, sen ter moi en conta a “perversión democrática” que se evidencia na actitude da dereita política española, que o acusa de se acoller ao “victimismo”.

No aire está xa o anuncio do pseudo sindicato “Manos Limpias” de presentar nova denuncia xudicial, esta vez contra o propio presidente socialista. Contumacia fronte a resistencia. O manual a este respecto é de Sánchez. 

Para o expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, a decisión tomada por Sánchez “é boa para a democracia”. E Alfonso Rueda, presidente da Xunta, criticou a “teatralización absurda” de Pedro Sánchez e engadiu que o pasado mércores xa sabía o que Sánchez ía dicir.

Agora compre agardar, porque Sánchez pretende “cambios” no ser ou non ser dos partidos políticos españois, cuestión pouco ou nada doada neste maremagnum xerado internacionalmente do que ninguén se autoinculpa. Todos son inocentes e ningún foi o primeiro.

 Emiliano García-Page, presidente de Castilla-La Mancha, dixo que “sempre defendeu e practicou “unha política limpa, desmontando todas as falsidades”.

E a vida sigue. Ata cando é o que está por ver. 

Dependerá, digo eu, do que tarden uns e outros en reengancharse ao “e tí, máis”.

Outros artigos

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

+

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...

+

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

Van aló máis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cálculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...

“Que non veña un inverno duro!”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...