“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

28 Abril 2024

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra “As voces amadas” (publicada o ano pasado) dí: “… eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes vontade. Fala, sente”. Prosegue: “Daquela, esta é a túa salvación, a túa liberdade, mellor. Sinte todo o que os humanos podemos sufrir ou gozar por nós mesmos. Ser humanos.”

E, amigo lector, quixen sentir, sufrir por min mesmo,  e o pensamento -que é libre ou vai por libre- conducíume ao que pode estar a sentir Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno por maioría de votos no Congreso dos Deputados, de canto se dí pola súa decisión de se afastar cinco días dos actos previstos na súa axenda oficial para matinar sobre que facer após as acusacións contra a súa dona emanadas da dereita e ultradereita deste país certamente cainita.

E decidín rebelarme e berrarlles libremente aos que critican o uso que Sánchez da ao avión Falcon presidencial. 

Carrallo, penséi: tanto criticar tal uso “desmedido” do Falcon.. e agora que non o usa, caladiños coma petos.

O mesmo pensei de Felipe González, Alfonso Guerra, Joaquín Leguina e outros socialistas que quecen agora ao sol que máis lles quenta, ao reler a Lois Diéguez: “Poderías imaxinar, espertando unha mañá, mudado nunha cascuda enorme ao xeito do mestre Kafka. Ou, se non, entrando no  tempo noso, mañá mesmo, trocado nun xigantesco e escuro móbil apertado a ti na cama estreita, afogándote mesmo, asfixiándote, anguriándote, nunca facéndote feliz”.

Por que González, Guerra, Leguina e compaña se, de feito ahí os están coma mestres Kafka, pero que non van na percura de enormes cascudas rebosantes de anguria existencial cara a metáfora e o surrealismo. Non, o deles foi un irse para se quedaren na simboloxía e a psicoloxía humana. Seres consecuencia da metamorfose, atrapados na contradición entre o que foron e representaron ser e o que son. 

Qué pensarán do feito por Sánchez, do provocado por unha política partidista podre que non distingue entre atmosfera opresiva e non ser porque non quere?. 

O luns saberemos deles, seguro. Rematará a alienación e revivirán a resistencia e a resiliencia para remover o que queda de perturbador nunha política que non está pensada para sentimentos contrarios á ética, mais cheos de épicas alleas narradas por pantasmas que van da man polos camiños en santa compaña. 

Valerá a pena?.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...