Os socialistas de Rianxo reclaman ao Concello que empregue as canles oficiais de comunicación

31 Marzo 2024

O Partido Socialista de Rianxo publicou estes días un escrito no que solicita ao Goberno local “utilizar canles oficiais de comunicación” e “elaborar un plan de atención veciñal baseada nas ditas canles”. O PSOE local di que existen malestar entre a cidadanía de Rianxo “polas respostas tardías pola canle de WhatsApp que emprega o alcalde e pola falta de atención directa á veciñanza”, substituída, na súa opinión, polas ferramentas tecnolóxicas. Tamén recoñecen estar preocupados “polo uso frecuente do WhatsApp por parte do rexedor para canalizar asuntos municipais”, xa que consideran que deste xeito “non queda rexistro sobre os procesos de resposta, nin de resolución dos mesmos, e os veciños e veciñas de Rianxo quedan indefensos ante esta situación”.

No seu escrito, o PSOE local di que “levamos canalizando queixas veciñais durante os últimos 4 meses, de forma reiterada, e a pesar de transmitir o alcalde a necesidade de utilizar canles oficiais, a reposta municipal segue a ser a inacción e a non elaboración dun plan de atención e comunicación”, sinalan os socialistas.

O voceiro do PSdG, Óscar Rial, engade que “se ben recoñecemos a importancia da comunicación áxil e directa coa cidadanía, consideramos que o uso de canles de comunicación oficiais é fundamental para garantir a transparencia e a equidade no acceso á información. O uso de WhatsApp para cuestións municipais está a xerar malestar entre os veciños e veciñas de Rianxo. Moitas persoas séntense excluídas da información ou teñen dificultades para acceder a ela, como é o caso do uso das redes sociais, onde moitos veciños e veciñas están bloqueados e non teñen acceso a información do seu Concello”.

Os socialistas conclúen deste xeito comunicado: “Como representantes do pobo de Rianxo, cremos firmemente na importancia de garantir unha comunicación inclusiva e accesíbel para todas as persoas. Por iso, instamos ao alcalde a que utilice exclusivamente as canles de comunicación oficiais do Concello para informar sobre asuntos municipais e establecer un diálogo transparente e participativo os veciños e veciñas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.