O Concello de Ribeira instalará unha cuberta téxtil sobre a zona de xogos do parque das Abesadas

14 Marzo 2024

O Concello de Ribeira adxudicou as obras para a instalación dunha cuberta téxtil no parque infantil das Abesadas, por un importe de 94.154,67euros e un prazo de execución de 2 meses. O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2023, da Deputación da Coruña.

Segundo explican fontes do Concello, a zona infantil situada no parque de Abesadas é unha das máis concorridas do municipio ao atoparse no centro urbano e “para que poida empregarse con independencia das inclemencias meteorolóxicas, proxéctase a instalación dunha cuberta sobre a zona de xogos existente”. A cuberta será de lona de poliéster cunha estrutura de soporte metálica protexida contra a oxidación. Tamén se procederá á instalación de luminarias LED.

“A instalación desta cuberta mellorará a experiencia de xogo ao aire libre para os nenos e as súas familias, proporcionándolles un ambiente seguro, cómodo e protexido do sol e a chuvia”, explicou o alcalde Luís Pérez, engadindo que “a mellora dos parques infantís é un aspecto crucial para o benestar dos nenos e nenas, creando un ambiente máis cómodo e agradábel para que gocen das actividades ao aire libre durante máis tempo”.

Outros artigos

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros y autores”. Alberto Barciela

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...