A axenda cultural de Rianxo vén con novas charlas sobre muller e saúde, teatro infantil, cinema (“Matria”) e unha nova exposición de Karin Kuijper

11 Marzo 2024

O Concello de Rianxo, a través da súa Área de Cultura, compartiu a axenda de actividades que están prevista para este ecuador do mes de marzo, unha axenda na que tamén colaboran arreo as entidades culturais e as asociacións con sede no municipio.

Martes 12 de marzo

16.30 h. Salón de actos do Auditorio (Rianxo). 8M Charla Muller e saúde. A menopausa.

Venres 15 de marzo

18.00 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Teatro, Confi. O Golfiño Manoliño.

Coa misión de difundir a defensa do medio ambiente, CONFI, O GOLFIÑO MANOLIÑO é un espectáculo de teatro documento. Narra os feitos reais da loita pola supervivencia de Manoliño.

DURACIÓN: 50 minutos. PÚBLICO: familiar, destinado a crianzas a partir de 3 anos. ENTRADAS: de balde ata completar capacidade, retirada de convites dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do Auditorio

20.30 h. Salón de actos do Auditorio (Rianxo). Libros, Zeca Afonso. Balada do desterro de Teresa Moure e María João Worm.

Zeca Afonso é visto, décadas depois, por duas mulheres. A Teresa Moure, galega, escreve a história; a Maria João Worm, portuguesa, ilustra-a. Ambas sentem fascínio por aquele homem que cantava causas políticas. Mas, entre palavras e silhuetas, ambas tecem uma rede para sustentar um Zeca mais íntimo do que habitualmente os seus camaradas lembram.

Sábado 16 de marzo

20.00 h. Centro Social da Atalaia (Asados). 8M Xornada de cine. Matria.

Martes 19 de marzo

16.30 h. Salón de actos do Auditorio (Rianxo). 8M Charla Muller e saúde. A menarquía.

Sábado 23 de marzo

20.30 h. Sala Arcos Moldes do Auditorio (Rianxo). Cancións amarelas, Flores tristes de Ernesto Is. por Manekineko.

Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas diferentes, coinciden nun karaoke. Ao longo da madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e cos problemas que as levan a refuxiarse neste lugar, onde constrúen os seus propios paraísos artificiais.

PÚBLICO RECOMENDADO: maiores de 16 anos. DURACIÓN: 70 minutos ENTRADA: de balde. Limitada a 120 prazas. Require reserva previa preferentemente no formulario ou no teléfono 981 100 688. Enlace ao formulario pinchando aquí.

Exposición

Do 02 ao 30 de marzo. Exposición de arte naive, Sentimentos de Karin Kuijper.

A artista Karin Kuijper mostra a súa nova colección baixo o título Sentimentos, esta é a primeira vez que estas pezas son expostas ao público. A holandesa Karin Kuijper, establecida en Rianxo dende hai 13 anos, naceu en Utrecht, nos Países Baixos (Holanda).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...