“Vivir da gobernanza”. Luís Celeiro

15 Febreiro 2024

Aquela mestra nosa, galega e fraternal colega das nenas e nenos que tiñan necesidade de
aprendelo todo, aquela que tanto traballaba e tanto fixo polo alumnado, dicía moitas veces
que “os sabios falan porque teñen algo que dicir e os idiotas falan porque teñen que dicir
algo”. Aí está a cuestión, falan ou calan e non din nin escoitan nada. Parece o mundo ao
revés sen posibilidade de enderezar o ritmo, de agarrar a manivela coa man e poñer a
máquina andar. A mestra pensa que estamos arestora nun país de idiotas que fan barullo e
non falan, nin calan.
Todos sabemos que andamos cruzando tempos difíciles. Somos os mesmos de sempre,
temos amigos a moreas nas redes sociais e non nos recoñecemos, non nos coñecemos ao
cruzarnos na beirarrúa, na que sube arrimada á nosa casa ou na que baixa polo outro lado
da rúa, desa rúa de fochancas desatendida e tamén esquecida. É como ser un ou non ser
ninguén. Para quedar con aquel amigo de sempre, recordado sempre e sempre apreciado,
cómpre poñer un sinal na solapa e anuncialo correctamente.
Encontráronse na estación ferroviaria, andaron xuntos e sentáronse un ao carón do outro.
Cando falaron, recoñecéronse pola voz. A mesma voz de sempre, a de cando eran mozos.
Algo quedaba daquela amizade que non se borra como se borran as mensaxes amigas de
facebook, de TikTok ou de instagram. Perduraba a confianza e moitos recordos, das clases
do bacharelato, das trasnadas e travesuras coas que andaban a diario. Cada un deles
acordábase da bondade do outro, da solidariedade que os acompañaba e daquela rebeldía
que orientaba e guiaba as súas accións.
Foron falando e contestando, escoitando e rememorando. Recordando o tren da súa
mocidade, a bicicleta, as libretas de argolas e a pizarra da escola. Lembraron o traballo do
verán, as nevaradas do inverno, ao profesor que mellor ensinaba de tódolos profesores e a
aquela moza lista e fermosa que sentaba na segunda fileira, nunha daquelas cadeiras
estarteladas.
Eran novos, intelixentes, traballadores, deportistas e defensores “dunha sociedade que,
antes de nada, ten que ser libre, con homes e mulleres libres e capaces de rexer o seu
destino”. Querían unha sociedade con igualdade de oportunidades e con respecto total, con
obediencia aos maiores e aos máis novos, con políticos que respecten e teñan razóns para
seren respectados.
Acordáronse dos dicires, das explicacións e das leccións da mestra e, xunto a ela, seguirán
reforzando a honestidade e defendendo a verdade, “para que. como di a Tía Manuela,
tomen nota tódalas mulleres e tódolos homes que aspiran a vivir da gobernanza”.

Outros artigos

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...

+

“Convulsión y especulaciones”. José Castro López

Convulsión en la sociedad después del retiro del presidente “al rincón del pensar ymuchas especulaciones. Unos dicen que los cinco días de “asuntos propios” son paravictimizarse y no dar explicaciones y otros señalan que, falto de cariño, buscó laadhesión de los suyos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...